Resultados do Club Arco Teo na Liga Galega de Aire Libre 2025-2026

/img/post/2026-06-07-lga-xorn4.jpg

Rematou a tempada de Aire Libre da Federación Galega (FGTA) e o Club Arco Teo pechou a súa participación con bos resultados na categoría de Recurvo > 50+:

  • 🥈 Pilar Costa Pena: Logrou a 2ª posición feminina na clasificación final cun total de 1036 puntos no ranking e unha mellor tirada de 398 puntos.
  • 🥉 Bronce por Equipos Mixtos: A parella formada por Pilar Costa Pena e Sergio Cantalejo Diez logrou a 3ª posición de Galicia no ranking mixto cun total de 1917 puntos.

Written By