O pasado sábado, 11 de xullo de 2026, as instalacións do Club Boa Vila acolleron unha cita moi especial: o seu Trofeo 35º Aniversario. O noso club estivo magnificamente representado por Roberto Lois Rodríguez na modalidade de Recurvo Home.
Roberto completou unha boa actuación con:
- Primeira rolda: 255 puntos (9º posto provisional)
- Segunda rolda: 235 puntos (7º posto provisional)
- Resultado final: 490 puntos (cun total de 1 “X” e 2 “10”)
Roberto logrou pechar a xornada nunha excelente 8ª posición da clasificación xeral.
Dende Arco Teo queremos dar os nosos parabéns ao Club Boa Vila por estes 35 anos de traxectoria impulsando o tiro con arco en Galicia, así como agradecer a fantástica organización do trofeo.
Fotografías




Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.