O 6 e 7 de xuño de 2026 Pontevedra acolleu a 4ª Xornada da Liga Galega de Aire Libre 2025/26, que igualmente serviu como Campionato Galego de Aire Libre, organizado por FGTA e Club Boa Vila.
Arco Teo competiu en recurvo nas categorías Home, +50 Muller e +50 Home sendo os resultados dos nosos deportistas:
- Pilar Costa Pena foi subcampiona en Recurvo +50 Muller no Campionato Galego con 398 puntos tras 72 flechas.
- Roberto Lois Rodriguez rematou 16º en Recurvo Home con 532 puntos.
- Gonzalo Fernández Escudero rematou 17º en Recurvo Home con 476 puntos.
- Sergio Cantalejo Diez rematou 18º en Recurvo +50 Home con 272 puntos.
Galería de fotos

Fonte: Resultados en Ianseo




Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.