Campeonato de España Absoluto de Sala. 2025-2026

/img/post/2026_02_14_camp_espanha_sala.jpg

Pablo Belay Fernández, do Club Arco Teo, participou no Campionato de España Absoluto de Sala 2026, rematando na posición 55ª na rolda clasificatoria con 541 puntos (16 “10” e 31 “9”). As súas series foron 270 e 271 puntos facendo un total de 541 puntos.

Tamén participaron na categoría outros arqueiros galegos:

  • Elías Montenegro Dopico (29º, 554 puntos)
  • Marcos Rodríguez Alvar (32º, 551 puntos)
  • Ramón Garrido Garrido (33º, 551 puntos)
  • Pablo Belay Fernández (55º , 541 puntos)
  • David Pozo López (79º, 518 puntos)
  • Manuel Soto Calvo (85º, 511 puntos)

Na fase de eliminatorias de Recurvo Home, varios arqueiros galegos lograron clasificarse e protagonizaron cruces directos:

  • Marcos Rodríguez Alvar (GAL) pasou a 1/16 de final, onde se enfrontou ao número 1 do ranking, Temiño Mediel (Madrid), actual campión do mundo, caendo eliminado.
  • Elías Montenegro Dopico (GAL) tamén accedeu a eliminatorias, caendo en 1/16 ante Acha González Pablo, campión de España da anterior edición e que loitaba por revalidar o título.

Na categoría de Recurvo Feminino, varias arqueiras galegas participaron na rolda clasificatoria:

  • Lúa Teijeiro Aneiros (47ª, 517 puntos)
  • Patricia Reche González (53ª, 508 puntos)
  • Lía Lage Pernas (59ª, 502 puntos)
  • Uxía Martínez Campos (67ª, 479 puntos)
  • Cristina Pereira Álvarez (73ª, 442 puntos)
  • Ángela Rincón Rodríguez (76ª, 394 puntos)

Galería de fotos

01.jpg

02.jpg

03.jpg

03_1.jpg

04.jpg

05.jpg

06.jpg

Arco Composto

Na categoría de Composto Home, os representantes galegos foron:

  • Daniel Castro Barcala (11º, 583 puntos)
  • Xes Argüelles Presa (19º, 576 puntos)
  • Luis Argüelles Pérez (20º, 576 puntos)
  • Santos Murias Vázquez (40º, 568 puntos)
  • Rubén Rodríguez Alleres (43º, 567 puntos)
  • Juan José Alejandre Rodríguez (54º, 563 puntos)
  • Luis Domínguez Rey (77º, 541 puntos)

Na fase de eliminatorias de Composto Home:

  • Daniel Castro Barcala (GAL) superou a primeira rolda (1/16) vencendo a Pérez Pérez Jose (CAT) por 147-143, caendo en 1/8 ante Linares Martínez Gonzalo (Madrid) por 144-147.
  • Luis Argüelles Pérez (GAL) tamén gañou en 1/16 a Garcia Cepa Endika (País Vasco) por 145-145 (desempate), pero foi eliminado en 1/8 por Langarita Monteagudo Pedro Julio (Aragón) por 144-147.
  • Xes Argüelles Presa (GAL) caeu en 1/16 ante Martinez Martin Jaime (País Vasco) por 139-145.

Na categoría de Composto Muller, a representación galega foi:

  • Verónica Presa Boullosa (14ª, 565 puntos)
  • Sandra Aurora Azevedo Correia (54ª, 266 puntos)

Na fase de eliminatorias de Composto Feminino, Verónica Presa Boullosa (GAL) superou a primeira rolda (1/16) vencendo a De La Cuesta Ruiz Laura (Castela e León) por 143-136, caendo en 1/8 ante Muñoz Saiz Clara (Madrid) por 140-148.

Información do torneo en Ianseo .


Written By