5ª Xornada da Liga Galega de Sala (Campionato Galego)

/img/post/2025-12-14-raus5.jpg

O 5º RAUS 25/26 (Campionato Galego), organizado pola FGTA e o Club Flechas por un Tubo, celebrouse en Corme os días 13 e 14 de decembro de 2025. Estes foron os resultados dos arqueiros de Arco Teo:

  • Pilar Costa Pena (Recurvo +50 Muller): 408 puntos na clasificatoria (2º posto) e ouro final. Nas eliminatorias impúxose en todos os cruces e gañou a final ante Ana María Fernández Coira na frecha de desempate. Proclamándose Campiona Galega Recurvo +50 Muller.
  • Elena Pérez Salas (Recurvo Senior Muller): 473 puntos (5ª na clasificatoria) e 4ª clasificada despois da fase de eliminatorias; loitou polo bronce contra Patricia Reche, caendo nun axustado 4-6.
  • Pablo Belay Fernández (Recurvo Senior Home): 502 puntos (12º na clasificatoria). Gañou a Iván Loureiro Tasende en dezaseisavos e cedeu en oitavos ante Miguel Ángel López Calviño por 4-6.
  • Roberto Lois Rodríguez (Recurvo Senior Home): 461 puntos (16º na clasificatoria). Venceu a Pablo Mendoza Caamaño en dezaseisavos e caeu en oitavos fronte a Marcos Rodríguez Alvar (0-6), campión galego.
  • Gonzalo Fernández Escudero (Recurvo Senior Home): 435 puntos (23º na clasificatoria). Perdeu en dezaseisavos nun igualado 4-6 contra Juan Andrés Casaleiro Piña.

Na clasificación por clubs da Liga Galega de Sala 25/26, Arco Teo acada o 1º posto por equipos Recurvo Senior Home, quedando así o podium por equipos nesta categoría.

  • 1º Arco Teo: 5671 puntos.
  • 2º Lumelar : 4787 puntos.
  • 3º Aro Ferro: 4347

Fotografías da xornada

Fotografía 1

Fotografía 2

Fotografía 3

Fotografía 4

Fotografía 5

Fotografía 6

Fotografía 7

Fotografía 8

Fotografía 9

Fotografía 10

Ianseo

Mais información en IANSEO.


Written By