3ª Xornada da Liga Galega de Sala

/img/post/2025-11-16-raus3.jpeg

O día 16 de novembro de 2025, Arco Teo estivo presente na 3ª xornada da Liga Galega de Sala, que se celebrou na localidade de Meis (Pontevedra). O club presentou unha representación de cinco arqueiros en diferentes categorías.

I Trofeo Concello de Meis

Pola tarde do sábado desenvolvéuse o I Trofeo Concello de Meis, unha competición eliminatoria que serviu de complemento á xornada de liga. Neste trofeo, Pilar Costa Pena clasificouse para as finais e logrou unha meritoria medalla de prata na categoría Recurvo +50 Muller.

Participación de Arco Teo

Os arqueiros do club que participaron na xornada foron:

Recurvo +50 Home

  • Sergio Cantalejo Diez – 291 puntos

Recurvo +50 Muller

  • Pilar Costa Pena – 3ª clasificada con 335 puntos (🥈 Medalla de prata no I Trofeo Concello de Meis)

Recurvo Home

  • Pablo Belay Fernández – 9º clasificado e 508 puntos.
  • Roberto Lois Rodríguez – 20º clasificado e 452 puntos.

Recurvo Muller

  • Elena Pérez Salas – 386 puntos

Desde Arco Teo felicitamos a Pilar Costa Pena pola súa actuación e agradecemos a todos os participantes o esforzo e dedicación nesta xornada.

Fotografías da xornada

Fotografía 1

Fotografía 2

Fotografía 3

Fotografía 4

Fotografía 5

Ligazón a IANSEO


Written By