O pasado 15 de novembro, Arco Teo participou no evento municipal “Xuventude en Teo”, celebrado nas instalacións exteriores do IES Cacheiras. A cita desenvolveuse en horario de tarde, das 16:00 ás 23:00 horas, cun ambiente participativo e cheo de curiosidade pola práctica deportiva.
Organizamos unha iniciación sinxela ao tiro con arco: as persoas asistentes probaron o material, aprenderon as normas básicas de seguridade e postura e desfrutaron das súas primeiras frechas co apoio do equipo de Arco Teo.
Ao longo da tarde foron moitas as rapazas e rapaces que se achegaron ao noso espazo, gozando dunha experiencia segura e divertida. Dende Arco Teo agradecemos a colaboración do Concello de Teo e do IES Cacheiras pola organización e apoio ao deporte de base.
Se che apetece seguir probando, podes contactar co club para informarte sobre a escola municipal.
Fotografías da xornada









Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.