O VIII Lancaster–Ponferrada celebrouse o 8 de novembro, e unha vez máis a competición deixou claro que este evento non entende de relaxación composto por duas series de 30 frechas por tirador.
Para o Club Arco Teo, a experiencia foi especialmente positiva. Non só pola cantidade de arqueiros que abordaron a proba, senón tamén polo carácter, a constancia e o espírito de club que se viu ao longo de todo o torneo.
Os representantes de Arco Teo repartíronse por toda a táboa do clasificatorio. Estes foron Pablo Belay, Gonzalo Fernández Escudero, Roberto Lois, Óscar Pinaque, Elena Pérez Salas e Sergio Cantalejo, que completaron o esforzo do equipo nun clasificatorio exixente e cargado de presión.
Fase de eliminatorias
Os arqueiros do Club Arco Teo Pablo Belay e Gonzalo Fernández Escudero conseguiron avanzar á fase de eliminatorias, onde a tensión e a emoción alcanzaron o seu punto máximo.
En octavos de finais Gonzalo Fernández Escudero enfrontouse a Yago Revuelto López. Este rival mostrou unha gran precisión logrando no clasificatorio unha puntuación de 581 puntos e o primeiro posto. O encontro tivo as seguintes puntuacións:
| Nome | Serie 1 | Serie 2 | Serie 3 | Serie 4 | Total |
|---|---|---|---|---|---|
| Yago Revuelto López | 29 | 30 | 29 | 29 | 117 |
| Gonzalo Fernández Escudero | 26 | 26 | 26 | 22 | 100 |
O outro arqueiro do club Pablo Belay tivo un enfrontamento moi interesante contra Daniel Rodríguez Calvete cun encontro moi reñido e coas seguintes puntuacións:
| Nome | Serie 1 | Serie 2 | Serie 3 | Serie 4 | Total |
|---|---|---|---|---|---|
| Daniel Rodríguez Calvete | 25 | 25 | 24 | 27 | 101 |
| Pablo Belay Fernández | 30 | 26 | 28 | 30 | 114 |
Para cuartos de final só estivo Pablo Belay e se enfrontou a Marcos Rodríguez Alvar o cal finalmente foi o vencedor do torneo. As puntuacións foron as seguintes:
| Nome | Serie 1 | Serie 2 | Serie 3 | Serie 4 | Total |
|---|---|---|---|---|---|
| Pablo Belay | 26 | 29 | 27 | 27 | 109 |
| Marcos Alvar | 27 | 29 | 30 | 29 | 115 |
Torneo secundario do Butelo
Aqueles arqueiros que non conseguiron avanzar ás eliminatorias principais tiveron a oportunidade de participar no torneo secundario do Butelo. O formato é de eliminatorias directas ou de morte súbita na cal cada tirada se incrementa a puntuación a lograr. Neste torneo participaron Roberto Lois, Óscar Pinaque, Elena Pérez Salas e Sergio Cantalejo.
Na primeira ronda tiñan que acadar 24 puntos onde caeron eliminados Elena Pérez e Sergio Cantalejo. Na seguinte rolda por 25 puntos caeron eliminados Óscar Pinaque e Roberto Lois.
Máis información sobre o torneo en IANSEO.
Fotografías da xornada


















Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.