O arqueiro teense Pablo Belay participou esta fin de semana no torneo organizado polo club Arcos Texu en Avilés. Na primeira sesión da competición logrou o 3º posto con 279 puntos, mentres que na segunda serie sumou 248 puntos, o que lle permitiu situarse no 7º posto do ranking xeral para as eliminatorias. Xa na fase de eliminatorias, Pablo amosou carácter e constancia, alcanzando as semifinais, onde caeu ante a campiona do torneo, Ana Menéndez, para finalmente pechar a súa participación cun merecido 3º posto absoluto.
Non rematou aí a súa gran xornada: no torneo secundario en formato morte súbita, Pablo proclamouse gañador, levando como premio un lote de produtos típicos de Avilés.
Cómpre mencionar que Pablo non estivo só nesta cita, xa que tamén participaron os seus compañeiros do Club Adarve: Pablo Pache, Pablo Mendoza e Anderson Martíns da Silva, compartindo experiencias e reforzando o espírito de equipo nunha competición que congregou arqueiros de diferentes puntos da xeografía española.
Cómpre destacar a excelente hospitalidade e a coidada organización por parte do club Arcos Texu, que fixeron sentir coma na casa a todos os participantes. O evento culminou cunha cea de confraternidade, onde reinou o bo ambiente e a camaradería entre arqueiros e organizadores, consolidando así o espírito deportivo que caracteriza esta cita.
Imaxenes
Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.