O pasado 9 de agosto de 2025, celebrouse no Campo de fútbol da Zapateira o I Torneo “542” por Equipos Cutarc Style, unha cita que xuntou equipos de diferentes clubs nun formato orixinal que combinou tiro con arco e xogos de animación.
ArcoTeo participou representado polos arqueiros Gonzalo Fernández Escudero, Roberto Lois e Pablo Belay.
Queremos facer un agradecemento especial á organización pola excelente acollida, a loxística impecable e o ambiente festivo que conseguiron crear durante toda a xornada. Cada tanda estivo animada con diferentes xogos que deron un toque lúdico e entretido ao torneo, facendo que a experiencia fose moito máis que unha competición deportiva.
Non podemos esquecer o xantar ofrecido, que supuxo un momento perfecto para compartir experiencias entre arqueiros, comentar as tiradas e, sobre todo, reforzar a camaradería entre clubs. Estes detalles marcan a diferenza e fan que torneos coma este queden para o recordo.
No plano competitivo, ArcoTeo acadou un meritorio 2º posto, sumando un total de 1644 puntos . Ademais da competición principal, o torneo incluíu unha serie de xogos temáticos, nos cales ArcoTeo tamén demostrou a súa habilidade e espírito competitivo. Nos xogos, logramos:
- 🏆 1ª posición en “Afundir os barcos”
- 🏆 1ª posición en “Tres en raia”
- 🏆 1ª posición en “Ataque Zombie”
Unha combinación perfecta de deporte, estratexia e diversión que fixo desta xornada unha experiencia única.
Parabéns á organización, aos participantes e a todos os que fixeron posible este evento!
Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.