O pasado 6 de xullo, o arqueiro teense Pablo Belay Fernández participou no Trofeo Federación ao Aire Libre, organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco. Pablo conseguiu a 8ª posición, acumulando un total de 493 puntos ao longo da competición.
Pola tarde, tivo ocasión de participar tamén no Trofeo Costa da Morte, unha competición por eliminatorias. Pablo enfrontouse en cuartos de final a Daniel Castro Barcala, quen acabaría proclamándose campión do torneo. A eliminatoria resolvéronse coas seguintes puntuacións:
Competidor | Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 |
---|---|---|---|
Daniel Castro | 27 | 26 | 26 |
Pablo Belay | 25 | 25 | 23 |
Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.