A escola ArcoTeo levou a cabo unha boa actuación no recente Torneo de Escolas de Arco celebrado en Laracha. A participación foi todo un éxito, destacando tanto os máis pequenos como os adultos.
🧒🏽🎯 Os cativos deron o mellor de si e deixaron unha gran impresión, demostrando o nivel de formación da nosa escola.
Ademais, os adultos tamén brillaron nas súas respectivas categorías, logrando unha destacada terceira posición. En concreto, Roberto Lois e Pilar Costa subiron ao podio e conseguiron o 3º posto nas súas respectivas categorías.
Enhoraboa ao equipo polo seu esforzo e dedicación!
Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.