3ª Xornada da Liga Galega ao Aire Libre
Boa xornada para os arqueiros Teenses en Redondela, competindo con Adarve na 3ª xornada de aire libre o día 27 de abril de 2025.
🔹 Pablo foi 6º (545), repetindo puntuación da anterior xornada.
🔹 Roberto 7º (523), mellorando marca e logrando a mínima para o Campionato de España!
🔹 Gonzalo 10º (509), cada vez máis preto: só a 11 puntos da mínima.
A próxima cita será o mes que vén en Narón, no campionato galego.🏹
Ligazón a IANSEO
Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.