1ª Xornada de Tiro con Arco ao Aire Libre en Redondela

/img/post/2025-03-16-LGAxor1.jpg

O pasado domingo 16 de marzo de 2025, os arqueiros teenses Gonzalo Fernández, Roberto Lois e Pablo Belay participaron na 1ª xornada de tiro con arco ao aire libre en Redondela. O encontro foi organizado pola FGTA (Federación Galega de Tiro con Arco) e o clube Meigarco. Unha xornada que, para moitos dos participantes, comezaba chea de dúbidas, pois era o primeiro encontro da tempada e todos tiñan que facer os axustes nos seus arcos e na súa técnica.

Os arqueiros de Teo que compiten co clube ADARVE, estiveron acompañados polos seus compañeiros Luis Fandiño, Pablo Mendoza e Pilar Candal. Foi unha xornada chea de retos, pero tamén de logros importantes, especialmente para Luis Fandiño e Pablo Belay. Luis conseguiu unha puntuación de 532 puntos e Pablo alcanzou os 520 puntos. Isto permitelles superar a puntuación mínima necesaria para poder acceder ao campionato de España. Sen dúbida, un gran éxito para ambos!

A próxima xornada terá lugar en Redondela os días 12 e 13 de abril de 2025. Todos os participantes agardan mellorar as súas marcas persoais e seguir avanzando nesta tempada de tiro con arco.

Desde ArcoTeo felicitamos a Gonzalo, Roberto, Pablo, Luis, Pablo e Pilar polo seu esforzo e dedicación, e desexámoslles moita sorte na próxima cita!

Ligazón a IANSEO

Video

Fotografías da xornada.


Written By