O equipo ArcoTeo finalizou a tempada de liga cun destacado 3º posto, poñendo o broche final a unha intensa tempada de sala. A competición, que constou de seis xornadas entre o 19 de outubro de 2024 e o 8 de marzo de 2024, reuniu aos mellores arqueiros da contorna, destacando o nivel e a evolución dos participantes.
O equipo teense estivo conformado por Gonzalo Escudero, Roberto Lois, Óscar Pinaque, Elena Pérez, Pablo Belay, Raúl Gómez, Sergio Cantalejo e Jorge Santos, que deron o máximo en cada xornada. O primeiro posto foi para os Arqueiros de Ordes, seguidos polos lucenses de CELTA Villaduck, completando así o podio desta liga.
Con esta competición, os arqueiros de ArcoTeo dan por finalizada a tempada de sala e xa se preparan para o seu primeiro desafío ao aire libre. O vindeiro fin de semana comezarán a nova tempada en Redondela.
Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.