Campionato Galego de Equipos de club en sala 2024/2025

/img/post/2025-01-19-galego.jpg

Os arqueiros de Teo Roberto Lois, Oscar Pinaque, Gonzalo Fdez. Escudero , Elena Pérez, Sergio Cantalejo e Pablo Belay participaron nos diferentes equipos de Adarve, acompañados polos arqueiros Pablo Mendoza e Luis Fandiño.

Nesta edición, non conseguiron repetir o terceiro posto acadado na competición celebrada na Rúa. A pesar de que as circunstancias non foron as máis favorables, a súa actuación seguiu demostrando o bo nivel e a dedicación dos arqueiros de Teo, que continuarán loitando a pesar das dificultades.

Contínuase a espera da publicación oficial dos resultados en IANSEO por parte da Federación Galega de Tirco con Arco.

Imáxenes


Written By