O pasado sábado, 19 de outubro, celebrouse a primeira xornada da Liga por Equipos de Adarve, onde o equipo de Arco Teo tivo un destacado inicio de tempada. Tras unha xornada repleta de emoción e competitividade, Arco Teo acadou un total de 9 puntos de encontro e sumou 697 puntos no marcador global, demostrando a súa capacidade para competir ao máximo nivel.
Nesta primeira xornada, o equipo estivo representado polos arqueiros Gonzalo Escudero, Raúl, Jorge e Serxio, quen amosaron un gran rendemento e espírito competitivo en cada un dos encontros disputados:
- Contra Arqueiros de Ordes: Arco Teo impúxose con claridade logrando 143 puntos.
- Contra Brigantium: Nun duelo disputado, Arco Teo cedeu fronte ao rival con 105 puntos.
- Contra Adarve B: Arco Teo recuperou o bo ritmo e venceu con 130 puntos.
- Contra Adarve A: O equipo mostrou a súa mellor versión e alcanzou a súa puntuación máis alta do día con 177 puntos, asegurando outra vitoria.
- Contra Celta Villaduck: A xornada pechouse cun encontro axustado, onde Arco Teo caeu por pouco, acadando 142 puntos.
A pesar de dúas derrotas, o equipo de Arco Teo destacou polas súas boas actuacións, logrando unha sólida puntuación total e asegurando unha posición prometedora para o resto da competición. Esta primeira xornada deixa boas sensacións e moitas expectativas de cara aos próximos encontros da Liga por Equipos de Adarve.
Desde aquí, queremos felicitar aos arqueiros Gonzalo Escudero, Raúl, Jorge e Serxio por este arranque e animar a todo o equipo a seguir adestrando para continuar ofrecendo o mellor de si nas seguintes xornadas. ¡A por todas, Arco Teo!
Use the share button below if you liked it.
It makes me smile, when I see it.